Escoitar

O goberno de Vigo adica 3,5 millóns á humanización de Ramón Nieto

O alcalde visitou este venres a segunda fase dos traballos de mellora de Ramón Nieto, fase que concluirá coa reforma de todo este vial cun investimento municipal superior aos 3,5 millóns de euros. Caballero adiantou que renovarase tamén o saneamento das vivendas protexidas do entorno da factoría Álvarez.

venres, 24 ago 2012
1345811481ramonnieto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que a segunda fase da humanización de Ramón Nieto ten un prazo de execución de seis meses, tempo tras o que estará rematada a reforma de todo este vial.

O primeiro edil asegurou que esta é "a humanización máis longa que se fixo nunca na historia de Vigo", con dous quilómetros e medio de lonxitude, e recalcou que realizouse nunha zona non atendida polos anteriores gobernos da cidade.

Nesta segunda fase, o proxecto incluirá a prantación de medio centenar de árbores, sobre 40 xardineiras, novo alumeado e renovación das canalizacións soterradas, entre estas as tuberías de abastecemento e saneamento, o que aporta "sostenibilidade" á "beleza" destas melloras.

Abel Caballero adianto que o Concello de Vigo renovará ademais as redes de servizos nas vivendas de protección sitas no entorno da factoría Álvarez.
Descargar todas as imaxes