Caballero felicita a Sanitas Residencial Vigo, primeiro "Centro Libre de Suxeccións" de Galicia
O alcalde asistiu hoxe xoves ao acto de entrega desta acreditación ao residencial vigués, xunto aos presidentes da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e da Asociación de Maiores de Galicia. Esta certificación concédea a Confederación Española de Organizacións de Maiores.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, asistiron este xoves ao acto de entrega desta certificación, a primeira concedida a un residencial en Galicia, transmitiron a súa felicitación e salientaron a "elevadísima calidade" do sistema que aplica esta entidade.
Esta acreditación supón un recoñecemento ao proxecto "Por unha residencia sen suxeccións" que puxo en marcha Sanitas Residencial a principios de 2011 e que conseguiu eliminar o uso destas, de acordo coa nova filosofía de coidados da residencia. Concretamente, en Sanitas Residencial Vigo, o 24,4% dos residentes utilizaban suxeccións. Como resultado do programa posto en marcha, na actualidade, ningún necesítaas.
Segundo informa a entidade, trátase dun proxecto co que se pretende preservar a dignidade e protexer a integridade dos residentes ofrecéndolles os mellores servizos e coidados ao longo das diferentes fases da súa vida.
O uso das suxeccións orixinalmente pretendía previr situacións de risco en determinados tipos de pacientes. Con todo, co paso do tempo demostrouse que a súa utilización carrexa algúns problemas e que diminúe a calidade de vida da persoa: aparición de úlceras por presión, incontinencia, trastornos conductuais, inmobilidade, atrofia muscular, etc.
Descargar todas as imaxes