Escoitar

A Corporación aproba solicitarlle á Consellería de Asuntos Sociais axudas para a prestación de servicios

luns, 24 xuñ 2002
O Pleno da Corporación municipal deu conta dun acordo da Comisión de Goberno no que se solicita subvención á Consellería de Asuntos Sociais para a prestación de servicios sociais polo Concello de Vigo, ó longo do ano 2002, o importe do cal ascende a un total de 2.648.290,50 euros. Deste total 2.274.788,97 euros estarán destinados ós servicios sociais de atención primaria e 373.501,55 euros destinaranse ós servicios sociais especializados.

Tamén se deu conta de acordo de convalidación e gasto por importe de 1.983,33 euros pola entrega de premios da Primeira Festa da Chave.

Na sesión plenaria aprobouse a ampliación do contrato de conservación e reposición de zonas verdes e os proxectos de modificación de ampliación do saneamento nas parroquias de Lavadores, Comesaña, Matamá, Coruxo e San Miguel de Oia:así como a proposta de prórroga por un ano o contrato de conservación e mantemento da sinalización vertical e horizontal do termo municipal.

A Corporación sacou adiante as bases e convocatoria de postos de traballo de secretario xeral e secretario xeral adxunto polo sistema de libre designación e da correspondente convocatoria pública.

Aprobouse o nomeamento das seguintes rúas: de espacio público co nome de rúa Verderol: Camiño dos Piñeirais e rúa da Sulevada: rúa de Suso Vaamonde Polo e rúa Melide e a incorporación ó Consello Municipal da Muller da asociación Ovarias , Coordinadora de mulleres contra a violencia.