Alumnos vigueses visitan Porto nun programa de Educación e Normalización Lingüística
Dentro do programa ”Compartimos as cidades” de irmanamento de escolares do Porto e Vigo, unha representación de alumnos de Turismo xunto con profesorado do IES Valentín Paz Andrade desenvolven estes días un intercambio coa escola de Turismo Profitecla.
Este intercambio é a segunda experiencia do programa ”Compartimos as cidades”, avalado pola Unión Europea e que desta volta subvenciona Caixa Galicia. Está organizado polo Servicio de Normalización Lingüística e a Concellería de Educación.
Amais de seren recibidos na Cámara Municipal, de visitaren museos e diversos lugares de interese da cidade, o programa complétase coa sinatura dun protocolo de colaboración entre os dous centros. Este protocolo está encamiñado a favorecer os intercambios de alumnado e profesorado, compartir experiencias e programas, deseñar actividades en común, presentar ante a Unión Europea conxuntamente propostas...
En outubro, un centenar de escolares vigueses compartirán aulas, visitas pola cidade, actividades e momentos de lecer no remate do programa deste ano, toda vez que tanto o Concello de Vigo coma o do Porto son partidarios de continuar promovendo actividades que favorezan o achegamento dos cidadáns destas dúas cidades.