Escoitar

Deportes organiza un curso de mantemento de instalacións deportivas

mércores, 19 xuñ 2002
O Concellería de Deportes e a Universidade de Vigo organizan o curso de mantemento de instalacións deportivas que se impartirá do 8 ó 12 de xullo no Centro Cultural Caixanova. Trátase dun curso práctico e participativo no que se tratarán temas que se lles presentan a cotío a clubes e empresas que desenvolven as súas actividades en instalacións deportivas.

O curso terá 25 horas de duración e impartirase de luns a venres en horario de 16:00 a 21:00. O prezo é de 90 euros, cun desconto do 50% para membros da comunidade universitaria e clubes con sede social en Vigo. Os destinatarios son os responsables de instalacións deportivas, persoal técnico e de mantemento de instalacións deportivas, estudiantes universitarios de Educación Física, alumnos de Tafad e interesados en xeral.

Os obxectivos deste curso son presentar e desenvolver tarefas relacionadas co funcionamento básico dunha instalación deportiva, analizar o mantemento e conservación das diferentes partes dunha instalación deportiva, desenvolver un plano de uso xeral, formar para a elaboración de planos de mantemento preventivo e establecer directrices sobre a formación, motivación e implicación do persoal.

Os interesados poden matricularse nos teléfonos 986 813 626 da Secretaría dos Cursos de Extensión Universitaria, 986 813 902 do Cacti, 986 801 955 da Facultade de Ciencias Sociais e 988 387 103 da Unidade Administrativa do Campus.