Daniela Mercury, Gilberto Gil e Pablo Milanés actuarán no festival ”Para Vigo me voy”
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou o III Festival Latino Internacional “Para Vigo me voy”, que se celebrará do 29 de xullo ó 3 de agosto no Auditorio de Castrelos. Veñen procedentes de Brasil, Daniela Mercury o día 29 de xullo e Gilberto Gil, cun espectáculo homenaxe a Bob Marley, o día 1 de agosto. De Cuba vén Pablo Milanes co concerto que clausurará o 3 de agosto o festival.
O resto dos días intentará ser unha mostra do panorama actual da música española contando coa presencia de Bustamante e Verónica o día 30 de xullo, Amaral e Antonio Orozco o 31 e Ketama o día 2 de agosto. O orzamento da Concellería de Festas destinado para este festival é de 260.000 euros.
Este evento naceu no verán do 2000 como resposta á necesidade de crear un festival de verán na cidade de Vigo, que servise de plataforma para o coñecemento e a difusión da musica latina. O nome tomouse dunha canción do mestre Ernesto Lecuona.”Para Vigo me voy”, que foi concibida como unha demostración da alegría dos emigrantes, que regresaban a casa, pero tamén da tristeza polo abandono dunha terra hospitalaria na que algúns deixaban moito máis que un traballo ou unha forma de vida.
O Auditorio de Castrelos acolle este festival desde a súa primeira edición, cun aforo total de 25.000 persoas, conta con 5.000 localidades de pago e 20.000 gratuítas.
Nas súas dúas anteriores edicións, “Para Vigo me voy” contou con artistas da talla de Compay Segundo, Rubén Blades, Eliane Elias, Paquito D’Rivera, Ana Belén y Víctor Manuel, Carlinhos Brown, Sabina, etc.
Descargar todas as imaxes