Un convenio favorecerá a prevención de drogodependencias na comunidade xitana
A Comisión de Goberno aprobou un proxecto de convenio de colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para o desenvolvemento dun programa de prevención de drogodependencias na comunidade xitana. O investimento será de 30.000 euros.
Este programa contén un conxunto de actividades como talleres musicais e desenvolvemento de habilidades sociais destinadas a fomentar valores encamiñados á prevención do consumo de estupefacientes mediante unha axeitada educación e mellora da autoestima dos destinatarios.