Escoitar

Visita guiada á obra de Palacios en Vigo

venres, 14 xuñ 2002
O sábado, 15 de xuño, comezará o programa de visitas guiadas que a Concellería de Patrimonio Histórico desenvolverá con motivo da exposición “Antonio Palacios, arquitectura e cidade”.

A primeira das visitas terá lugar na cidade de Vigo a partir das 11,30 horas na Estación Marítima. Dende aí, o historiador Xosé Ramón Iglesias que será o encargado de explicar o percorrido e a obra do arquitecto, acompañará os visitantes ata as principais obras de Palacios en Vigo, como o teatro García Barbón e o actual Banco de Galicia.

As visitas son gratuítas e están abertas a calquera cidadán que desexe coñecer en profundidade as obras arquitectónicas do autor porriñés, Antonio Palacios.

O programa de visitas guiadas desenvolverase tódolos sábados ata o vindeiro 20 de xullo e inclúe percorridos polos municipios de Val Miñor (22 de xuño), Mondariz (6 de xullo), O Carballiño (13 de xullo) e Vigo (20 de xullo).


Visita guiada:
Vigo, sábado 15 de xuño
Punto de partida: Entrada da Exposición na Estación Marítima
Hora: 11,30 horas
Gratuíta
Aberta a todo o público