Vigo acollerá unha exposición sobre a Cidade Universitaria inaugurada en Venecia
A exposición ”Venezia-Vigo, do espacio non te fíes nunca”, que se exhibe no Palazzo Fortuny de Venecia, poderase ver a partir de setembro no edificio Cambón, situado no Barrio Histórico de Vigo. Os concelleiros Carlos Príncipe e Carmen Corbalán asistiron á inauguración do evento, que amosa os proxectos realizados no estudio de arquitectura Enric Miralles-Benedetta Tagliabue para a Cidade Universitaria de Vigo e o Istituto Universitario de Architettura di Venezia.
Os deseños expostos conteñen semellanzas en canto á concepción e ás estructuras mediante a integración de lagoas e dunha montaña na descrición da paisaxe urbana como elementos proxectados a partir da orografía. No caso de Vigo, a Cidade Universitaria esténdese da montaña cara ó mar con creación de lagoas artificiais e comparte a inspiración do proxecto veneciano á inversa, cunha escalinata e unha rampa que simulan o ascenso á montaña a partir do mar.
A viúva de Miralles, Benedetta Tagliabue, os catedráticos de Historia da Arquitectura Maddalena Scimemi, Marco de Michelis e Jésus Irisarri son os comisarios da mostra. Os lugares onde se exhibirá, ademais de Venecia e Vigo, son o Parlamento de Escocia en Edimburgo, o municipio de Utrecht e o mercado de Santa Caterina en Barcelona, entre outros.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes