Escoitar

Deportes oferta 26 modalidades nas Escolas Deportivas Municipais

venres, 14 xuñ 2002
imx1555.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o Programa Municipal de Escolas Deportivas 2002/2003 no que se inclúe o tai-chi como nova modalidade das 26 previstas para o próximo curso.

Segundo a política deportiva que vén seguindo esta Concellería respecto ás escolas deportivas municipais, todas teñen a obriga de presentar unha memoria educativa, na que se recollen os obxectivos e funcionamento das mesmas, co que Deportes leva así un control exhaustivo do funcionamento das mesmas e a garantía dunha boa calidade.

No curso 2001-2002 pasaron polas 25 escolas municipais un total de 3.500 nenos e nenas.
Nestes últimos anos engadironse oito actividades novas, como son a esgrima, o tiro ó arco, a ximnasia deportiva etc, que están cumprindo as expectativas destas escolas ó estar participando os seus alumnos en campionatos autonómicos e nacionais.

A concellería de Deportes anunciou o convenio acordado coa Asociación Galega de Taichí, para que o curso que vén os nenos e nenas tamén poidan practicar este deporte tan demandado pola xente adulta, co que serán xa un total de 26 as distintas escolas deportivas que o Concello ofertará coa axuda das 48 entidades colaboradoras entre clubes e federacións que ata este curso viñeran participando e algunhas máis previstas para o curso 2002-2003.

O prazo de inscrición abrirase en setembro e o prezo anual será de 31,31 euros polo curso enteiro. As idades para matricularse nas Escolas Municipais comprenden dende os 6 ata os 18 anos. Tamén se pode apuntar calquera colexio de Vigo, este curso houbo unha participación de 20 centros escolares.

Descargar todas as imaxes