Zucchero inicia os concertos das festas de verán
Froitas tropicais e viño italiano de primeiras marcas recibirán mañá, sábado a Zucchero, o cantautor italiano que será o encargado de abrir este ano o programa das Festas do Cristo, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural no Parque de Castrelos.
Por petición expresa do intérprete de “Baila (Sexy thing)”, no seu vestiario disporase unha cesta de froitas exóticas, así como canapés, snacks, sandwiches e varias botellas de viño do seu país. Serán concretamente unha de Sam Buca blanco: outra de Sam Buca tinto, unha de chianti Traccali Fiasco, da colleita do 2000 e outra de Barolo Toscano Scanazino, reserva, do ano 93.
Zucchero, que está a obter grandes éxitos co seu novo traballo discográfico, Shake, está previsto que saia ó escenario ás 11,30 da noite. Antes, ás 10,30, actuará o cantante cubano Athanai, que recentemente participou noutro concerto na nosa cidade, en aquela ocasión teloneando a Dover.
O cantante italiano iniciou a súa carreira musical nos anos 70, coa formación de diversos grupos, pero foi na década dos oitenta cando obtivo os primeiros éxitos como cantautor. Nestes anos ten actuado con importantes artistas como Paul Young, Sting, Pavarotti ou Eric Clapton, BB King ou os Rolling Stones.
Un home comprometido con diversas causas benéficas, ten participado desinteresadamente en numerosos concertos para recadar fondos para obras sociais en todo o mundo.
No seu último disco, que saíu o mercado a finais do pasado ano, o artista conta coa presencia de moitas voces negras como as de John Lee Hooker, Chance ou Arthur Miles, algunhas das cales participaron na gravación de discos espirituais e gospel dos anos 50.
Zucchero iniciou o pasado xoves a súa xira española cun concerto en Elche. Despois de Madrid e Vigo está prevista –para o día 17- unha actuación en Barcelona, pechando dese xeito a visita ó noso país.