Escoitar

A Fundación Provigo anunciou a próxima conclusión dunha nova fase do Plan Estratéxico

martes, 18 xuñ 2002
O Padroado da Fundación Provigo e a súa Área colaborará na celebración do II Congreso Internacional das Sociedades Malacolóxicas Europeas, concedeu bolsas de investigación e acordou convocar mesas de expertos para completar a fase de ”Estratexias, eixos e programas” para a elaboración do Plan Estratéxico.

O Padroado acordou colaborar na celebración do II Congreso Internacional das Sociedades Malacolóxicas Europeas organizado pola Facultade de Ciencias (departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal) da Universidade de Vigo que se celebrará do 9 ó 13 de setembro en Vigo.

A proposta do xurado de bolsas da Fundación acordouse concederlles a María Dolores Domínguez García, Manuel González Gómez e María José González Moa bolsas de investigación no estranteixo.

Domínguez García é estudiante de terceiro ciclo de Ciencias Económicas e Empresariais e realizará a investigación sobre a valoración do desenvolvemento rural en termos sociais, económicos e ambientais. Fará un estudio comparativo de estratexias de reducción de custos entre a rexión de Frisia (Holanda) e Galicia. O lugar de destino será Wageningen University (Wageningen, Holanda)

González Gómez é profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e investigará sobre técnicas semiparamétricas e non paramétricas para a valoración de bens públicos. Trasladarase a Hannover (Alemania)

González Moa é estudiante de terceiro ciclo da Facultade de Ciencias e realizará unha investigación sobre síntese e estudio de cis-1 (2-hidroximetil-4-ciclopentenil) uracilos. Investigará no National Cancer Institute (Maryland, USA)

O Padroado convocará ás seis mesas de expertos para o inicio da fase de selección das estratexias prioritarias de formación dunha rexión metropolitana atlántica en torno a Vigo, xestión estratéxica do desenvolvemento urbán, apoio á modernización e creación de empresas, promoción da formacion de contornos innovadores, mellora da xestión do mercado de traballo local e fortalecemento da identidade e a imaxe territorial viguesas.

Con estes eixos completarase a fase de ”Estratexias, eixos e programas” da elaboración do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área Funcional.