Escoitar

Inaugúrase unha exposición de Matías Marqués na Casa Galega da Cultura

venres, 21 xuñ 2002
imx1580.jpg
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inaugura o venres 21 de xuño ás 18:00 horas na Casa Galega da Cultura a exposición pictórica de Matías Marqués titulada ”A outra mirada”.

Poderase visitar ata o 7 de xullo en horario de luns a venres de 18:00 a 21:30, os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 h e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00.



A OUTRA MIRADA

Precisa é, e ata irrenunciable, a outra mirada, a dos ollos do sentimento, da alma, para ver determinados aspectos da natureza, porque xamáis se entregarán a quen so mire con lixeireza. Para capta-las esencias das chairas de Castela, case inabarcables, que se confunden no horizonte moi lonxano con ceos brumosos, que ameazan pedrisco, hai que adoptar unha actitude ascética.

Amarelos, ocres, sienas torrados. Secarrales gredosos. Catro casas elementais, nas que refulxe a albura dun caleado sobre o tapial de adobe. Case un acampamento no deserto de cereais ou restrollo. A perspectiva engana, confunde semellando que se alza, que se verticaliza, que se ondula e avanza, como un mar imposible.

MATÍAS MARQUÉS conseguiu captar eses ambientes, máis espirituais que físicos, sendo ó fin, como son, realidade tremenda e configuradora dun país de mínima evolución. Son os ámbitos que describiron Unamuno e Azorín e hoxe gustan a Miguel Delibes. Pura abstracción que obliga a unha pintura diferente, allea a todo preciosismo. Polo contrario, ha de ser directa, concisa, arriscada no seu resultado, xa que valerá tanto polo que se vexa como polo que se adiviñe.

Este é un testimonio cabal dun mundo elemental e emocionador. Case informalista, obligadamente. Arrincarlle a súa profunda esencia foi a tarea da que resultou triunfante o pintor. So para quen con el se identifique e o goce na súa melodía de murmurio.

Francisco Pablos
Da Real Academia de Belas Artes


EXPOSICIÓNS MATÍAS MARQUÉS

1997- Vigo-Sala Universidad Popular-Individual
1997- Tordesillas-Casa del Tratado-Individual
1998- Coruña-Sala Sporting Club Casino-Individual
1998- Vigo-Sala de Arte Caixavigo-Colectiva
2000- Salamanca-Arcale IV Feria Internacional de Arte Contemporáneo-Colectiva
2000- New York-Sala J&C Art Gallery-Colectiva
2000- Ibiza-Art Ibiza-Colectiva
2000- Guía Europea Bellas Artes
2000- Franckfurt-Batik International Art-Colectiva
2001- Barcelona-Grup Batik Art-Colectiva
2001- Ibiza-Galería D´Art
Descargar todas as imaxes