Escoitar

Tódalas praias viguesas presentan excelentes condicións para o baño

venres, 12 xul 2002
A totalidade das zonas de baño de Vigo presentan ausencia total de contaminación, segundo os resultados das últimas análises efectuadas. As mostraxes do 8 de xullo demostran que tódalas praias dispoñen dunhas condicións excelentes para o baño.

Outro dato achegado a partir desta análise demostra que, nesta ocasión, subiron as temperaturas da auga. Canido e Saiáns tiñan 19º, Samil e o Vao 18º e as zonas de baño da Guía presentaban unha temperatura de 17º.