Turismo pon en marcha a oficina de calidade
A concelleira de Turismo, Lílian Álvarez, anunciou a reestructuración e ampliación da oficina de información turística da Pedra. Esta reestructuración plasmarase en catro departamentos: Información Turística, Oficina de Calidade Turística, Observatorio para o control estatístico e Tenda Oficial de productos para a promoción de Vigo como destino turístico.
A oficina de información turística da Pedra, que está en funcionamento dende o pasado mes de maio e que permanecerá aberta durante todo o ano, acollerá a Oficina de Calidade que realizará catro funcións:
1º.- Informar sobre o Plan de Calidade turística e asesorar sobre a forma de acollerse ás axudas que a Administración ofrece ós profesionais do sector turístico da cidade, nun horario máis amplo do que dispón a Concellería de Turismo nas dependencias do Concello de Vigo. Preténdese lograr un mellor e maior coñecemento das axudas.
2º.- Realizar un control exhaustivo sobre as reclamacións que presenten os turistas en relación cos servicios públicos e privados, facendo un seguimento das mesmas e velando pola súa adecuada tramitación. A concellería pretende solucionar, no posible, as reclamacións a fin de aumentar a fidelidade de turistas e visitantes.
3º.- Atender as suxestións. Créase un buzón para recoller opinións, comentarios e suxestións, co fin de optimizar a calidade da oferta turística de Vigo, tanto no referido ós servicios como noutros aspectos xerais da cidade. A Concellería considera que a creación do buzón resulta especialmente relevante no sector turístico, onde existen intanxibles difíciles de avaliar por outro método que non supoña obter directamente a opinión dos turistas.
4º.- Transmitir a turistas e visitantes o interese e vontade de Turismo de Vigo en mellorar os servicios e atender as necesidades.
A Concellería de Turismo ten previsto que este ano a nosa cidade teña alomenos o mesmo número de turistas que o ano pasado, uns 900.000, ademais dos 3.000.000 de visitantes portugueses que veñen a Vigo cada ano. Os puntos de atracción para os turistas son a Casco Vello, o Parque Natural das Illas Cíes e as praias da ría.
Descargar todas as imaxes