Escoitar

O avance do Pxom de Vigo propón novas infraestructuras viarias, máis dotacións e zonas verdes

mércores, 10 xul 2002
imx1649.jpg
Zumárraga, Toba e Pino
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, e o equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal presentaron aos grupos políticos e aos integrantes da Comisión Sectorial de Urbanismo o documento de avance do novo PXOM. Este documento será trasladado ao pleno da corporación este mesmo mes e despois se exporá ao público.

O Avance de Planeamento constitúe xa unha proposta do modelo de cidade no que se debe converter o Vigo do futuro. Para iso, ademais de definir os usos de cada zona do municipio e de deseñar o novo sistema viario, fixa novas áreas de equipamentos dotacionais, propón a creación de espacios verdes e apunta diversas accións de carácter estratéxico.

De seguido resúmense algunhas das actuacións estratéxicas propostas no documento de Avance:

COIA-BEIRAMAR
- Crear un novo vial que una a Seara con Bouzas nunha cota intermedia entre a Avda. Castelao e Tomás Alonso.
- Crear un parque lonxitudinal entre Tomás Alonso e a igrexa de S. Martiño de Coia.
- Localizar unha área residencial de vivenda unifamiliar na zona do Rocío.
- Crear unha praza urbana que agrupe equipamentos a carón da rúa Coruña.

BORDE PORTUARIO
- Soterrar o tráfico fronte ao futuro Pazo de Congresos e recuperar como espacio público o espacio entre ese inmoble e o mar.
- Crear un novo peirao de trasatlánticos que permita ademáis ampliar o porto deportivo.
- Creación dun parque liñal no Areal

ALCABRE-SAMIL
- Crear un novo vial paralelo á Avda. de Samil polo interior que permita suprimir o actual para poder recuperar o piñeiral da praia e desprazar os equipamentos existentes na zona fora do epacio que antes ocupaban as dunas.
- Establecer un novo sistema de aparcamento de diminúa o impacto paisaxístico.

EIXO PORTANET-LAGARES
- Reforma do estadio de Balaídos e creación dun centro comercial e de ocio ao seu carón.
- Conexión mediante túnel da Avda. Arquitecto Palacios con Portanet.
- Ampliación do polígono industrial de Zona Franca cara ao sur
- Ampliación do parque liñal do Lagares.

AVDA. DE MADRID
- Humanización da Avda. de Madrid coa construcción de beirarrúas arboradas, carrís-bici e áreas de ocio.
- Creación dun gran espacio verde entre a avenida e O Calvario.
- Xeración dunha área terciaria entre a estación de autobuses, o antigo cárcere e o vello edificio de Unión Cristalera.

BORDE LITORAL TEIS
- Humanización de Sanjurjo Badía liberándoa de tráfico pesado.
- Conversión da ETEA nunha gran zona verde con equipamentos deportivos e sociais.
- Rexeneración do litoral e creación de paseos no contorno da Guía.

GRAN VÍA-LAGARES
- Aproveitar o desenvolvemento do Peri Mantelas-Salgueira para crear un gran parque público entre Castrelos e a Avda. de Madrid.
- Permeabilizar a trama urbana entre a Gran Vía e o río Lagares.

VIAL DA UNIVERSIDADE
- Convertir a estrada da Universidade nunha avenida-parque.
- Crear ás súas marxes unha Cidade Deportiva, un parque botánico e reservar espacio para un novo centro hospitalario.

RENFE
- Transformar a estación de Renfe nunha Estación Intermodal con aparcamentos públicos e unha área comercial.
- Creación de novos accesos á estación a través de Canadelo Baixo e en paralelo á A-9.
- Creación dun paseo mirador que de servicio ao núcleo urbano de Fátima.

A MADROA
- Crear un gran centro de lecer metropolitano no que ademáis de Vigozoo e as instalacións deportivas habería outros equipamentos.
- Consolidar áreas residenciais que conteñan vivendas unifamiliares e forte presencia de zonas verdes.

CANIDO
- Ampliación do equipamento deportivo
- Conectar con novos viais a estrada C-550 e a Avda. Ricardo Mella.

Descargar todas as imaxes