Escoitar

O Promil acondiciona o entorno de Castrelos

martes, 9 xul 2002
imx1643.jpg
Construcción do muro
O Promil inicia a segunda fase de acondicionamento do entorno do parque de Castrelos coa construcción dunhas escaleiras próximas á pista de tenis. A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego pretende con este programa formar e ocupar a desempregados de longa duración.

As primeiras zonas de Castrelos nas que actuou esta brigada foron o bosquete e a solaina de Concepción Arenal, na que crearon unha pradeira de uso público. Arranxouse unha fonte, reconstruíuse unha canle de pedra para a conducción da auga e acondicionáronse o entorno da solaina, o muro e as escaleiras de pedra da parte dianteira e posterior. Ademais, fixéronse camiños de paso e axardináronse zonas deterioradas. Construíuse tamén un habitáculo para as bombas de rego.

Nesta actuación participaron 10 persoas dos módulos de xardinería, cantería, fontanería e albanelería, como principais beneficiarios do Promil. A primeira fase durou 11 meses e a construcción das escaleiras da pista de tenis concluirase no próximo mes.

O Promil é unha das principais referencias do Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo, pioneiro en Galicia, constituíndo unha nova ferramenta de apoio á inserción laboral de desempregados de longa duración. Estas contratacións regúlanse polo convenio colectivo do Plan Municipal de Emprego, que é un instrumento básico á hora de desenvolver os programas municipais de fomento de emprego.
Descargar todas as imaxes