Unha exposición exhibe a evolución dos areais vigueses
”Vigo, un mar de areas” é o título da exposición de fotografías aéreas sobre a evolución do perfil da costa nas últimas nas últimas décadas. Os concelleiros Santiago Domínguez e Amador Fernández inauguraron esta mostra que pode visitarse ata o 20 de xullo na lonxa do Concello.
Paneis expositivos e un soporte informático amosan esta escolma de máis de 100 fotografías que reproducen o paso do tempo en 45 areais de Vigo. Ademais, está a disposición dos visitantes un folleto explicativo coa localización dos areais e co corredor e viais de acceso ós mesmos.
As fotografías máis antigas corresponden ó ”Voo americano” de 1949 que serviu de base de numerosos planos topográficos sobre a costa española e contrastan coas tiradas no ano 2000. Un panel expón que ”o perfil da costa do municipio variou moito nas últimas décadas, a presión sobre o litoral, urbanización, construcción de paseos, portos deportivos, espigóns, vertidos... incrementáronse de maneira considerable, sendo moitos os cambios causados polo ser humano”. A entrada natural de area deste ano fai que as imaxes actuais sexan semellantes ás da década de 1960.
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, destacou o labor de recuperación de praias emprendido polo Goberno municipal. Citou a prohibición de entrada de vehículos que invadían os areais, as medidas tomadas para evitar que secasen os piñeirais dos arredores, a dotación de servicios de saneamento nas praias e a mellora dos accesos naturais segundo a orografía do lugar mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas.
Descargar todas as imaxes