O luns comeza a instalación dos bolardos retráctiles que controlarán os accesos ao Barrio Histórico
O luns comezan as obras de instalación dos bolardos automatizados que servirán para regular o acceso de vehículos ao Barrio Histórico de Vigo. Estes aparellos, colocados para impedir o paso de coches de maneira indiscriminada, estarán controlados dende o Concello para permitir que accedan ao Barrio só os vehículos autorizados: residentes, carga e descarga, ambulancias, taxis...
Unha vez que xa foi instalada a rede de fibra óptica necesaria para o control remoto dos dispositivos, o luns comezarán as obras de colocación dos bolardos. O primeiro ubicarase na confluencia de S. Vicente coa rúa Elduayen. Por esa razón, o luns e o martes, días 8 e 9 de xullo, vaise cortar ao tráfico o acceso ao Barrio Histórico pola rúa S. Vicente. Mentres duren os traballos de instalación, os residentes poderán acceder á zona a través da rúa Gamboa, Palma e a rúa Real.
Na semana seguinte colocarase na rúa Gamboa o outro bolardo automatizado previsto controlar o acceso de vehículos ao Barrio. Posteriormente abrirase un período de probas antes de poñer en marcha os novos dispositivos.