Amador Fernández: ”Exportamos a zoos nacionais o proxecto educativo de Vigozoo”
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, é o principal responsable da renovación de Vigozoo. ”Para realizar o proxecto educativo “Un día no zoo” contratouse un equipo dun coordinador e cinco monitores que realizaron este plan pioneiro en España e que exportamos a distintos zoos nacionais”, explicou o concelleiro.
-¿En que consisten as reformas feitas ata agora en Vigozoo?
-Vigozoo contaba cunha sala de exposicións, salas para a cafetería, auditorios case preparados, que cun pouquiño máis de investimento se poñían en uso. Dende a Concellería fomos priorizando para que o zoo puidese ter mellor vista para o seu uso. Dentro dos reducidos presupostos que se tiñan no primeiro ano de mandato, fixemos que o salón de actos tivese unha entrada nova sen barreiras arquitectónicas cun coste moi baixo e cun asesoramento técnico moi sinxelo. Logo, puxemos o auditorio en condicións, dotándoo dun sistema audiovisual acorde cos tempos que corren, cun sistema DVD e cunha pantalla o suficientemente grande para poder facer calquera tipo de proxección. Coa sala de proxeccións en marcha cumpriamos a primeira fase do proxecto educativo que estamos levando a cabo. Feito isto, convocamos un concurso para que as instalacións que estaban sen servicio, como eran a cafetería e a sala de exposicións, se lles concedesen a algunha empresa. Resumindo, o que fixemos foi poñer en valor o que se investira ó longo do tempo pero non se puxera en uso.
-¿Cal foi o seguinte paso?
-Como segunda medida empezamos a remodelar as instalacións do zoo dunha forma menos agresiva para os animais, cumprindo o informe do organismo que controla as instalacións dos zoos. A primeira norma que había que adoptar era protexer o recinto, se non o faciamos nos pechaban, non tendo o suficiente diñeiro, evitamos unha barreira arquitectónica moi pronunciada que tiñamos e aproveitámola para facer 150 metros de cerramento, o proxecto costounos 15 millóns de pesetas. Logo rematamos o peche perimetral co que tivemos que aprobar un proxecto a dous anos con dous presupostos anuais distintos xa que o coste ascendía a 70 millóns.
-¿Con que financiación conta para todos estes proxectos?
-Como o proxecto estaba financiándoo o Concello de Vigo do seu presuposto e eran cantidades excesivas, pedimos a colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, que fixo unha aportación de 15 millóns de pesetas. Tamén se pediu a colaboración dentro do plan de actuacións municipais que ten a Deputación cos concellos, que vai aportar 30 millóns de pesetas.
-¿De que maneira participa Vigozoo no traballo social?
-A través da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, Vigozoo está a levar a cabo dende hai 6 meses un proxecto de inserción laboral, no que participan 36 desempregados. Estes están facendo os labores de xardinería, carpintería, construcción e acondicionamento do zoo.
-¿Que acordos ten Vigozoo coas distintas facultades?
-Temos un convenio inicial coa Universidade de Vigo, ofrecéronse as instalacións do zoo para calquera traballo de investigación ou de conxunto, fíxose unha convocatoria onde moita xente se anotou e logo firmamos unhas bolsas de sanidade para montar un departamento de educación medioambiental. Con isto queriamos facer unha demostración de que a xente quería poñer en valor as cousas que as instalacións publicas teñen. Polo tanto, o zoo cumpre unha función de investigación e educativa fundamentalmente cos colexios. Tamén asinamos un convenio coa Universidade de Santiago para estudiantes de veterinaria e coa Universidade de León. Ó ter tantas solicitudes, fixemos un albergue para 6 persoas e a partir do 6 de xullo farán estadías dunha semana facendo prácticas no zoo cos distintos animais.
-¿En que consiste O Plan Educativo de Vigozoo?
-Para realizar o proxecto educativo “Un día no zoo” contratouse un equipo dun coordinador e cinco monitores que realizaron este plan pioneiro en España e que exportamos a distintos zoos nacionais. “Un día no zoo” desenvólvese durante o calendario escolar coa participación dos colexios que visitan as distintas áreas cos proxectos educativos que temos realizados para esta actividade. Os obxetivos deste programa son divulgar o funcionamento dun zoolóxico moderno, fomentar os hábitos de coidado e respecto cara os animais en xeral e promover xeitos diferentes de divertimento e aprendizaxe. Para iso puxemos en marcha unha sala onde se fan exposicións de temas relacionados coa natureza, ata o momento fixemos dúas. No auditorio faise unha presentación audiovisual con contidos referentes ao funcionamento do zoolóxico, as instalacions e as funcións do persoal. Deste xeito, introducimos conceptos básicos que un zoo moderno ten que acadar: conservación, educación e investigación.
Dentro do proxecto educativo puxeron a cafetería en marcha, as salas de exposicións, o reptilario, insectario e o programa “Toca, toca, non toques”, onde os nenos e nenas acompañados por un monitor aprenden a tocar os animais ós que se pode.
-¿Durante o periodo de vacacións desenvolven algunha actividade?
-Durante as vacacións de verán organízanse grupos de dez a quince nenos e nenas que, mediante unha reserva e previo pago de 25 euros, poderán pasar un día no zoo, dende as 10:00 ata as 18:00 horas.
Descargar todas as imaxes