Escoitar

O Concello asina un convenio coa Federación de Peñas Recreativas “El Olivo”

mércores, 3 xul 2002
imx1628.jpg
Abelairas, Moreira e Cabaleiro
A Concellería de Participación Cidadá e a de Festas e Animación Sociocultural asinaron un convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” para desenvolver as actividades do Trofeo Cidade de Vigo de xogos de mesa, a Festa das Peñas, a Festa do Mexillón e
O Magosto.


O convenio ascende este ano a unha contía de 33.000 euros, dos que 21.025 euros son de Festas e Animación Sociocultural para financiar a Festa do Mexillón e o Magosto, e 13.200 euros os da Participación Cidadá para o Trofeo de xogos de mesa, a Festa das Peñas e a edición dunha revista anual.

Tanto Isaura Abelairas como Mª Dolores Cabaleiro agradecéronlle o presidente das Peñas, Chiño Moreira, o traballo que veñen realizando en pro da nosa cidade, xa que se encargan de todo o referente a estes actos axustándose ó presuposto que o concello pode darlles.

Estes actos véñense organizando conxuntamente entre a Federación e o Concello dende o ano 1996, cun resultado moi positivo para ambas partes, o que fai a repetición da sinatura deste convenio.
Descargar todas as imaxes