Escoitar

Ampliación do convenio da Concellería de Benestar Social con Médicos do Mundo

martes, 2 xul 2002
imx1622.jpg
Rodríguez e Sío
A concelleira de Benestar Social, Belén Sio, renovou e ampliou o convenio de colaboración con Médicos do Mundo, cun presuposto de 45.000 euros e que ten como obxectivo reducir a marxinalidade dos toxicómanos.

O proxecto de colaboración consiste nun acercamento ós toxicómanos e usuarios de CEDRO (centro de desintoxicación), para conseguir unha reducción de danos e a súa inclusión social. Segundo Belén Sío o que se pretende é minimizar os danos asociados ó consumo de drogas, diminuír a marxinalidade do colectivo e a prevención de enfermidades.

Médicos del Mundo ten nas rúas dos aredores de Cedro, un equipo de educadores que traballan co fin de conseguir que os toxicómanos participen dos recursos sociosanitarios. Con este labor preténdese mellorar a calidade de vida destes cidadáns que sofren na súa maioría desarraigo familiar, social, de emprego e que están á marxe das institucións.

Segundo Manuel Rodríguez, coordinador de Galicia de Médicos do Mundo, entre as súas accións están mellorar o coñecemento sobre a rede de servicios sociais e sanitarios: facilitar o acceso ós servicios sociais e sanitarios, reducindo as barreiras culturais, educacionais e administrativas que o dificultan: fomentar a participación das persoas con uso problemático de drogas na promoción da súa saúde e o autoapoio: diminuír as practicas de risco de infección de VIH, así como doutras enfermidades infecciosas: aumentar a demanda de tratamentos con substitutivos, sensibilización na poboación xeral respecto ó fenómeno das drogodependencias e as súas consecuencias sociais e sanitarias.
Descargar todas as imaxes