A Policía local reforzará a súa presencia nas praias e nas zonas turísticas durante o verán
O Concello de Vigo preparou un dispositivo especial para controlar o tráfico nas zonas onde a circulación é máis conflictiva durante o tempo de verán. Asemade, axentes da Policía local patrullarán as praias e os lugares frecuentados por turistas para previr roubos e proporcionarlles información e axuda aos visitantes.
Durante o verán cambian os hábitos da poboación e Vigo recibe unha importante afluencia de visitantes. Iso provoca que aínda que baixe o volume de tráfico no conxunto da cidade, haxa en cambio máis circulación a determinadas horas nas rotas de entrada, no centro da cidade e nas vías de acceso ás praias. Pensando nesta situación, o Departamento de Tráfico comezou a aplicar as seguintes medidas:
- Presencia policial permanente en puntos neurálxicos de Vigo como as prazas de España e América, os cruces de Colón con Areal, García Olloqui con Victoria e Montero Ríos con Carral, a Porta do Sol e a rúa do Príncipe.
- Presencia de patrullas motorizadas na zona de praias.
- Asignación de dous guindastres á área de praias para evitar aparcamentos indebidos.
- Control policial dos accesos ás praias en horas punta.
- Seguimento permanente dende a Sala de Control de Tráfico dos accesos á cidade para regular as frecuencias semafóricas.
- Vixiancia das praias con axentes de paisano.
- Patrullas de vixilancia na zona das Avenidas.
Os axentes asignados a estes servicios recibirán un dossier da Concellería de Turismo para poder informar convenientemente aos turistas. Técnicos do departamento municipal de tráfico e a Policía Local manterán reunións semanais para analizar a efectividade deste dispositivo e estudiar posibles medidas complementarias. Asemade manterase a presencia policial no zna onde se están executando as obras do aparcadoiro de Urzaiz e de humanización do Calvario.