O obradoiro de emprego conclúe a primeira fase das obras de Vigozoo
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, e a directora do Obradoiro de emprego “Vigozoo”, Milagros Calviño Groba, presentaron esta mañá o balance da primeira fase de funcionamento deste proxecto de inserción laboral, no que participan trinta e seis desempregados. A reforma dos habitáculos dos animais, o acondicionamento dos currais, a fabricación de mobiliario exterior e o traballo de xardinería nunha superficie de 6.500 m2, son algunhas das obras realizadas nestes seis primeiros meses de funcionamento.
Tamén durante esta primeira etapa, trece traballadores tiveron a oportunidade de prepararse para obte-lo título de Graduado Escolar, aprobando nove, e completando todos a súa formación en habilidades sociais, de cara a súa incorporación ó mercado laboral.
Os participantes no O.E. “Vigozoo”, cun 59% de homes e o resto de mulleres, distribuídos nas especialidades de xardinería, carpintería e construcción, aprenden o oficio dun xeito teórico-práctico, recibindo nocións de debuxo técnico como formación complementaria, á parte de face-lo proxecto de obra. Agora comezarán a traballar na segunda fase, que terá tamén unha duración de seis meses ata o vindeiro mes de decembro, no que rematará este proxecto de emprego.
Este proxecto de inserción laboral conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 636.000 €, contribuíndo o Concello cunha achega económica 120.000 €, ademais dos locais para aulas, oficinas e talleres do programa de emprego. Os obradoiros de emprego van dirixidos a desempregados con máis de 25 anos de idade, sendo a media de idade no de “Vigozoo” de 40 anos.
Descargar todas as imaxes