Escoitar

Bouzas acolle a celebración ”XVI Triatlón Internacional Cidade de Vigo”

venres, 28 xuñ 2002
Máis de 200 deportistas participan no XVI Triatlón Internacional Cidade de Vigo que se celebrará o domingo, día 30 de xuño, en Bouzas, e que conta coa colaboración da Concellería de Deportes. A proba comprenderá as modalidades deportivas de natación, ciclismo e carreira a pé.

O evento, organizado polo Club Triatlón Vigo, pertence o campionato Galego de Triatlóns. Están inscritos máis de 200 triatletas de toda España, entre os que destacan, o diploma olímpico Iván Raña, Subcampeón Europeo de Triatlón e o galego Javier Gómez Noya Campión Júnior de Europa de Duatlón. Os deportistas que consigan clasificarse nos vinte primeiros postos terán dereito a participar no Campionato de España de Triatlón.

A proba celebrarase en Bouzas xunto ó Campo de Fútbol, circuíto xa probado con enorme éxito o ano pasado, a natación será na praia pequena de Bouzas, onde nadarase 750 m. O ciclismo na circunvalación entre Bouzas e a Avda. de Ricardo Mella onde darán 4 voltas para completar os 20 km. Por último a carreira a pé onde terán que correr 5 Km. dando dous voltas polo paseo marítimo de Bouzas.

Haberá dúas saídas, a primeira empezará có triatlón Feminino a partir das 10 da mañá, e a segunda será as 11,30 da mañá co triatlón masculino.