O Circular 3 amplía o seu percorrido ata Samil durante todo o verán
O Concello e a compañía concesionaria do transporte público, Vitrasa, decidiron ampliar o percorrido do Circular 3 durante os meses de xullo e agosto. No periodo estival esta liña chegará ata Samil facilitando así o acceso ás praias en autobús urbano.
O C-3 percorre a cidade de Vigo de norte a sur, polo que a maioría dos barrios de Vigo terán este verán un enlace directo con Samil cada 15 minutos. Os usuarios poden coller esta liña en Teis, a Travesía de Vigo, Pizarro, a praza de España, García Barbón, As Travesas, Coia ou Bouzas.
Cómpre lembrar que dende outros barrios tamén se pode enlazar co C-3 empregando o billete de transferencia.