O Concello recupera espacio degradado da praia de Santa Baia
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns procedeu ao retranqueo do muro da praia de Santa Baia co obxectivo de gañar máis espacio para este areal de Alcabre. As obras, que están en proceso de realización, consistirán na reconstrucción da escolleira cun desnivel de 3 metros aproximadamente e na creación dunha rampa de acceso natural ata a zona de baño.
Para conseguir ampliar a praia derrubouse unha parte de formigón que afeaba o lugar e gañáronse 7 ou 8 metros de zona de baño. ”Eliminouse, na medida do posible, a rampa de acceso de formigón que será substituída por unha natural acorde co entorno”, explicou o concelleiro Henrique Vieitez.
Esta actuación irá acompañada da plantación de carballos na zona verde situada enriba da praia. Santa Baia será a única praia de Vigo cunha zona de carballos na parte superior para o ocio e tempo libre. Deste xeito, recuperarase esta zona que estaba degradada debido á súa utilización como aparcamento e depósito de escombro.
Descargar todas as imaxes