Vía libre á demolición da antiga estación de ría
O Consello da Xerencia concedeu a licencia para a demolición do edificio que albergaba a estación de ría, un inmoble de 596 m2 situado a carón da piscina do Náutico. O Consorcio da Zona Franca de Vigo presentáralle ao Concello a solicitude de licencia para realizar a obra o pasado xoves. A desaparición deste edificio permitirá gañar un novo espacio libre fronte ao mar, que aínda será maior cando se traslade a piscina do RC Náutico.
Tralo derrubo do inmoble pavimentarase a zona de forma provisional e revestirase e pintarase a fachada do edificio da piscina que está adosada ao edificio. O presuposto da obra é de 25.007 euros.
O Concello ordena o derrubo dunha obra na rúa Doutor Corbal
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou decretar o derrubo dunha obra executada sen licencia e incompatible coa ordenación urbanística realizada no número 67 da rúa Doutor Corbal. A propiedade do inmoble engadiulle un andar ao edificio e construiu unha nova vivenda cando unicamente tiña licencia para arranxar a cuberta.
A propiedade ten un mes de prazo para executar voluntariamente esta orde. De non facelo, o Concello podería realizar o derrubo e cargar o seu custo aos responsables da infracción urbanística.
Levantada a suspensión de licencias en Mouteiras e Sobreira
O Consello da Xerencia decidiu levantar a suspensión de concesión de licencias que pesaba sobre os nucleos de Mouteiras e Sobreira, na parroquia de Valadares. Os informes técnicos admiten a posibilidade de conceder 4 licencias máis en Mouteiras e 5 en Sobreira antes de que se chegue aos límites que a lei establece para redactar obrigatoriamente un Plan Especial que ordene estes ámbitos. A suspensión de licencias nestes núcleos debeuse á insuficiencia das redes de saneamento e abastecemento de auga para dar servicio a todos os edificios. A execución de novos proxectos de saneamento elaborados polo Concello permite levantar esa suspensión.