Caballero reitera o compromiso do Goberno municipal co Campus do Mar
O rexedor reiterou hoxe venres o apoio do Goberno municipal ao Campus do Mar durante a visita que realizou esta mañá ao obradoiro instalado en Samil. Caballero destacou o carácter divulgativo e de sensibilidade co medioambiente desta iniciativa nunha cidade como Vigo, "que somos a cidade do mar".
Abel Caballero reiterou hoxe o compromiso do Goberno municipal co Campus do mar durante a visita que realizou esta mañá ao obradoiro instalado na praia de Samil. Loubou a función divulgativa da iniciativa, ao tempo que destacou a sensibilidade que amosa no mantemento duns ámbitos biolóxicos e ecosistemas da maior importancia, sobre todo en Vigo, que somos a cidade do mar. "Campus do Mar na praia" ten como obxectivo aproveitar a riqueza do litoral galego, neste caso o de Vigo, para facer unha campaña de divulgación científica e tecnolóxica mariña a gran escala dirixida a toda a sociedade.
Descargar todas as imaxes