O alcalde asina un convenio de colaboración de 43.000 euros coas centrais sindicais
Abel Caballero asinou este xoves un convenio de colaboración que compromete aos sindicatos da comarca a realizar actividades divulgativas e xestionar nas súas dependencias unha oficiña municipal. Esta iniciativa, dotada con 43.000 euros, enmárcase no obxectivo de "desenvolver accións sociocomunitarias que redunden no beneficio da cidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe xoves un convenio de 43.200 euros cos representante comarcais de UXT, CCOO e CIG co obxectivo de desenvolver "acciones sociocomunitarias que redunden no beneficio da cidade". En colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, os sindicatos comprométense a xestionar nas súas dependencias unha oficina de información municipal de acceso para toda a cidadanía, ademais de realizar xornadas divulgativas relacionadas co ámbito económico, laboral e cultural. Logo de reunirse con Antonio Juste (UXT), Xosé Cameselle (CC.OO) y Serafín Otero (CIG), Caballero cualificou de "cooperación leal" a relación entre Goberno e sindicatos durante o pasado mandanto e "imos contuar nesa liña", subliñou.
Descargar todas as imaxes