Urbanismo determina a inviabilidade técnica do túnel previsto para o Barrio do Cura
A Xerencia de Urbanismo e a Xunta de Goberno determinaron hoxe venres a inviabilidade técnica da construción do paso subterráneo previsto no Barrio do Cura para unir Torrecedeira e o Paseo de Alfonso. Técnicos de Fomento e de Tráfico concluíron en sendos informes que esta infraestrutura, ademais de ter unha pendente inviable, condicionaría o tráfico da zona, afectaría ao saneamento e servizos urbanos que se veñen de poñer en marcha coa humanización. O rexedor explicou que con esta decisión se supera un "freo decisivo no desenvolvemento deste emblemático ámbito".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe venres que os técnicos decretaron a inviabilidade técnica da construción do paso subterráneo previsto no Barrio do Cura. Na Xerencia de Urbanismo e posterior Xunta de Goberno desta mañá analizáronse os informes que desde Fomento e Tráfico, conclúen a imposiblidade de executar unha infraestrutura que, ademais ter unha pendente inviable, condicionaría o tráfico da zona, afectaría ao saneamento e servizos urbanos que se veñen de poñer en marcha coa humanización do contorno. A partir deste momento, indicou o rexedor, a empresa presentará unha ordenación detallada do proxecto e Urbanismo ditaminará o reparto de cargas e beneficios "unha vez que a promotora deixa de facer un gasto, esta debe reverter a mesma cantidade como se lle indique. A cidade ten que recibir compensación polo custo neto de non facer o túnel".
Con esta decisión, explicou o alcalde, se supera un "freo decisivo no desenvolvemento deste emblemático ámbito". Na mesma liña, recordou que desde Urbanismo enviaron hoxe mesmo unha terceira carta solicitando celeridade na emisión do informe favorable que permita á promotora iniciar as obras de demolición. Esta iniciativa enmárcase "na dimensión de rehabilitar o Casco Vello" , unha recuperación que pasa, segundo indicou, polo pasadizo da Praza da Princesa, remodelar a fachada do Berbés e a expropiación da Panificadora para ubicar a Biblioteca Nacional.
Sentenzas
A Xerencia desta mañá deu conta de catro sentenzas do PXOM favorables aos intereses do Concello, co que xa son 29 decisións xudiciais as que avalan as decisións municipais. Son, detallou, 14 sentenzas e 15 autos de caducidade de recurso e desestimentos que avalan "un urbanismo pulcro", resultado da legalidade coa que se aprobou o Plan Xeral. Cualificou a situación actual de "seguridade xurídica total" e deu por finalizados o tempo no que esta cidade "foi testemuña de constantes sentencias contrarias ao urbanismo desenvolvido desde o Concello". A primeira sentenza é do 25 de novembro de 2010 e a última, de xuño de 2011.
Descargar todas as imaxes