Escoitar

A comedia continúa mañá venres no Auditorio Municipal coa obra "Life is a paripé", a cargo da compañía Obras públicas

O Auditorio Municipal acolle mañá, 11 de febreiro, unha nova obra teatral do programa "Con T de Teatro", dentro da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Nesta ocasión será a comedia "Life is a paripé", que a compañía Obras Públicas representará ás 21 horas. As entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación e o seu prezo é de 7 euros.

xoves, 10 feb 2011
Iolanda Muíños, César Goldi e Mos fan pasar en "Life is a paripé" 75 minutos de humor dividido entre 11 escenas e pico, multiplicado por 2 intérpretes masculinos sumados a 1 intérprete feminina dá como resultado 33 por cento de música, máis 33 por cento de teatro, máis 33 por cento de cachondeo, o que dá un total final de 100 por cen de paripé.