María Méndez di que no 2010 no servizo de migración baixaron as consultas, pero medraron os expedientes de arraigo social
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo hoxe balance dos programas desenvolvidos ao longo de 2010 destinados ás persoas inmigrantes, entre os que destacou o incremento dos expedientes tramitados referidos ao arraigo social, que chegaron a 475 casos. A concelleira nacionalista sinalou que este aumento prodúcese a pesar do descenso do número total de consultas, que pasaron de 1004 no 2009 a 821 no 2010.
María Méndez sinalou que no ano 2010 respecto ao 2009 tamén houbo un descenso no número de expedientes abertos, ao baixar de 853 a 675. Ao respecto apuntou que estes datos reflicten que chegan menos inmigrantes á oficina municipal de inmigración. Segundo explicou, aínda non se pode confirmar o número real de inmigrantes que hai en Vigo, que en 2009 foi de 17.870 persoas posto que ata o 1 de marzo non pecha o padrón, tras dous meses para valorar as baixas e altas. Sen embargo, os datos apuntan a que pode haber unha baixada no censo.
A concelleira de Benestar Social explicou que do total de expedientes tramitados, 174 referíronse ao reagrupamento familiar e 92 ao seguimento de menores. Respecto á situación xurídica das persoas que foron á oficina de inmigración, indicou que maioritariamente estaban en situación irregular, con 350 casos. A media de idade das persoas que empregan este servizo municipal sitúase entre os 31 e os 50 anos, e segundo indicou María Méndez, aproximadamente úsano o mesmo número de mulleres e homes e non hai diferenzas entre o seu estado civil.
Outro dos temas que tratou a concelleira nacionalista foi as medidas que se aplican dende a posta en marcha do Plan de Inmigración para acadar a integración das persoas inmigrantes. Neste sentido, salientou que en xuño de 2010 foi contratada unha mediadora intercultural, que desenvolve o seu traballo sobre todos nos centros escolares e con 20 unidades familiares de poboación romanesa. "Este eido require un traballo terrible para acadar a normalización", afirmou. No marco deste Plan, María Méndez destacou a posta en marcha de diversos servizos, como o de tradución, que é posible dende cada Unidade de Traballo Social. Ao respecto sinalou que se fixeron 67 servizos, entre os que destacan romanés, chinés e wolof. Mencionou tamén o servizo de casación, destinado á búsqueda de emprego para 10 mulleres no servizo doméstico e no ámbito da xerontoloxía.
A concelleira nacionalista indicou que para dar a coñecer estes servizos editáronse 3.000 exemplares da Guía de Recursos e 5.000 da versión reducida do Plan de Inmigración, que foron repartidos nos hospitais, asociacións veciñais e asociacións de emigrantes. A concelleira de Benestar Social apuntou que tamén se fixo unha campaña de sensibilización nos autobuses urbanos nos meses de agosto a outubro, co obxectivo de facer un chamamento ás persoas inmigrantes para que se empadroaran. Finalmente, comentou que se impartiron cursos de galego e castelán por parte do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Ao respecto asegurou que é dunha demanda das persoas inmigrantes e que a súa solución "implica unha actuación transversal".
"Estamos orgullosas de como está marchando o Plan de Inmigración, porque para nós é fundamental a integración e a multiculturalidade", salientou. En resposta a pregunta sobre o investimento que supuxo a posta en funcionamento do Plan de Inmigración sinalou que o mantemento da Oficina Municipal de Inmigración ascende aproximadamente aos 400.000 euros no 2010. Apuntou que de momento non se sabe o investimento correspondente a 2011 porque non conta cunha partida fixa e depende da achega da Xunta. "O ano pasado a Xunta reduciunos 20.000 a achega á oficina de inmigración e este ano aínda non sabemos de canto disporemos", criticou.
Descargar todas as imaxes