Iolanda Veloso salienta a traxectoria en igualdade de Vigo e destaca a importancia de reflexionar sobre a súa implantación
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este luns as Xornadas sobre Implementación de Plans Locais de Igualdade, que se celebra en Vigo organizado polo Instituto da Muller e a Federación Española de Municipios e Provincias. Na súa intervención, a concelleira nacionalista salientou a traxectoria en igualdade do Concello de Vigo, que no ano 2009 ano aprobou o seu cuarto `plan de igualdade, que contempla 104 medidas concretas para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.
Iolanda Veloso afirmou que as administracións locais son as primeiras que teñen que "dar resposta ás necesidades das mulleres", polo que fixo fincapé na importancia de reflexionar sobre a posta en marcha dos plans de igualdade e o impulso das medidas de conciliación. Neste sentido fixo referencia á consideración de Concepción Arenal segundo a cal "todo o mundo fala de igualdade pero non todo o mundo quere dicir o mesmo".
A concelleira de Igualdade recoñeceu que hai moito camiño xa percorrido, aínda que apuntou que a medida que se avanza aparecen novos problemas. "Non só é necesario o cambio das mulleres, senón de todo o mundo; é preciso cambiar os esquemas de cara a acadar unha sociedade máis democrática, igualitaria e xusta". asegurou.
No caso de Vigo, a edil nacionalista afirmou que se trata "dun concello privilexiado", por contar cun traballo previo e un movemento asociativo que propiciou o cambio de moitas cousas e un orzamento "razoable" en comparación cos municipios da comarca. Finalmente, agradeceu a todas as persoas asistentes ás xornadas, así como á organización das mesmas.
Descargar todas as imaxes