O alcalde inaugurou a humanización de Manuel Lago, onde o goberno local investiu 350.000 euros
Abel Caballero acudiu o pasado sábado a Coruxo á apertura da humanizada rúa Manuel Lago, onde o goberno local investiu 350.000 euros. A reforma do Concello abarcou os case 350 metros da rúa e máis de 3.600 metros cadrados de superficie total de actuación e, como é habitual, incluíu a renovación das canalizacións soterradas e o mobiliario urbano en superficie.
