Campaña de sensibilización para a supresión das barreiras arquitectónicas
O Gabinete Técnico de Accesibilidade, órgano encargado de garantir e valorar o grao de cumprimento da ordenanza para a mellora da accesibilidade e supresión de barreiras, propuxo comenzar a traballar na elaboración dunha campaña de sensibilización sobre supresión de barreiras arquitectónicas, cos obxectivos de buscar solucións e de promover un cambio de actitude ante este problema, ademais de velar polo cumprimento da normativa e de sensibilizar a poboación.
Propúxose a participación do Gabinete Técnico de Accesibilidade no II Salón Monográfico de Axudas Técnicas ”Capacidade”, que se celebrará do 31 de outubro ó 4 de novembro. Para isto, acordouse instalar unha caseta.
Outro tema tratado foi o da accesibilidade nas praias coa posta en marcha, durante os meses de verán, dun servicio que lles permitirá o acceso e baño ás persoas con movilidade reducida.
Finalmente, a concelleira de Benestar Social informou sobre a situación do Plan de Accesibilidade e as obras de accesibilidade que, coa colaboración da Concellería de Vías e Obras, se está a levar a cabo na zona centro da cidade e nos contornos dos centros de saúde e dos colexios públicos.
O Gabinete de Accesibilidade está integrado polos concelleiros de Urbanismo, Vías e Obras, Parques e Xardíns, Tráfico e Benestar Social, sendo a responsable desta Concellería a persoa que o preside. Tamén forman parte os técnicos destas concellerías e 20 entidades de persoas con discapacidade da cidade.