A coordinación do transporte da Mancomumidade esixe a elaboración dun Plan de Explotación
Os alcaldes da Mancomunidade, despois de estudiar a situación do transporte funerario en cada Concello, manterán unha xuntanza coas distintas empresas adxudicatarias.
Os informes sobre o transporte urbano e interurbano dos concellos que conforman a Mancomunidade de Vigo conclúen na necesidade de elaborar neste ano un plano de explotación que coordine as competencias da Xunta de Galicia e de cada municipio.
Estes informes, elaborados a petición da MAIV polas empresas consultoras Sener y Pettra, foron presentados ós alcaldes na Comisión de Goberno celebrada o mércores, día 4, no Concello de Salvaterra de Miño. Tras coñecer os principais contidos dos mesmos, os alcaldes decidiron estudialos polo miúdo e celebrar unha xornada de traballo no mes de maio para tomar unha decisión sobre a coordinación do transporte urbano e interurbano na Mancomunidade.
Os estudios consideran imprescindible a elaboración dun plan de explotación para conquerir unha mellora no servicio existente na actualidade e enfronta-las demandas dos usuarios do mesmo. Neste senso, manifestan que se deben establecer novos itinerarios, calendarios, horarios e incluso a ampliación dos servicios existentes. Asemade, o plan debe contempla-la coordinación dos servicios urbanos cos interurbanos de seren coincidentes: medidas de compensación, de proceder, para os concesionarios, medidas de financiación para os servicios coordinados e as infraestructuras necesarias para a devandita coordinación entre outros aspectos.
A aprobación definitiva deste plan correspondelle á Xunta de Galicia e supón a renovación ou modificación das concesións coordinadas nel. Unha vez aprobado o plan, a Mancomunidade de Vigo asumiría tódalas competencias. Outro dos puntos que centrarán o debate que agora inician os alcaldes, céntrase en decidi-lo modelo de xestión máis axeitado para a coordinación do transporte dentro da Mancomunidade. Os estudios, ó respecto, sinalan como fórmula máis axeitada a creación dun Consorcio.
Por outra parte, e fora da orde do día da Comisión de Goberno, os alcaldes que conforman a Mancomunidade de Vigo trataron o problema existente na actualidade co transporte funerario. Neste senso, acordaron que cada un deles estudiará a situación concreta no seu municipio para posteriormente acadar un acordo conxunto da Mancomunidade e manter unha reunión coas empresas funerarias adxudicatarias destes servicios nos diferentes concellos.