O novo pavillón de Candeán terá 2.230 metros construidos e unha área exterior en resposta á demanda da veciñanza
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este martes o proxecto do novo pavillón polideportivo de Candeán, que recolle diversas demandas da veciñanza da parroquia. Ao pavillón, de 2.230 metros cadrados construídos, que se situará ao carón da Asociación Veciñal, unirase unha área deportiva exterior de 2.200 metros cadrados.
"A construción dun polideportivo en Candeán foi un dos compromisos anunciados na campaña electoral, e o BNG caracterízase por cumprir os seus compromisos", subliñou o tenente de alcalde. Lembrou que esta parroquia viguesa é "unha das poucas" que aínda non conta con instalacións deportivas, pese a ter unha ampla representación do mundo deportivo entre os seus veciños e veciñas.
Santi Domínguez indicou que o pavillón ten un orzamento de 2.375.000 euros e que a licitación das obras se fará "tan pronto como teñamos o orzamento de 2010 aprobado", co obxectivo de que nesta lexislatura "sexa unha realidade". Na súa intervención destacou que no que ás infraestruturas deportivas se refire, "non queremos facer parches, senón facer as cousas ben feitas", polo que asegurou que Vigo está a experimentar un gran salto neste sentido.
Lembrou que se está traballando na posta en funcionamento de dúas novas piscinas, o polideportivo e un novo campo de herba sintética en Navia e un novo parque deportivo en Barreiro, "todo elo en dous anos e medio". A respecto deste impulso ás infraestruturas deportivas da cidade asegurou que "nunca se fixera un esforzo tan importante en tan pouco tempo".
O tenente de alcalde dixo que posta en marcha de novas infraestruturas deportivas é un dos eixos de actuación que desenvolven a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes. Asemade, mencionou o impulso ao deporte de base, a promoción de Vigo a través de grandes eventos deportivos e o apoio aos clubs, polo que expresou os seus parabéns ao concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
"A sensibilidade da Tenencia de Alcaldía e de Santi Domínguez co deporte facilitan enormemente o salto que en infraestruturas deportivas está experimentando a cidade", destacou o concelleiro de Deportes. Lembrou que a construción do polideportivo de Candeán forma parte dun preacordo asinado coa Xunta de Galiza, do que a administración autonómica aínda non cumpríu a súa parte, referida á remodelación das pistas de atletismo de Balaídos. "Nós si cumprimos, e ademais adiantamos as catro anualidades do orzamento ao 2010", afirmou.
Xabier Alonso coincidíu co tenente de alcalde ao explicar que na elaboración do proxecto construtivo se tivo en conta a opinión da veciñanza, en particular respecto á súa ubicación e na distribución de espazos. Neste sentido apuntou que os veciños demandaban o mantemeno dun espazo aberto ao carón do pavillón. Por outra banda, o concelleiro de Deportes sinalou que se aproveitou o desnivel do terreo para a ubicación das bancadas, para 270 espectadores, de xeito que o acceso dos espectadores á grada se poderá facer dende a propia Asociación Veciñal.
A planta baixa acollerá a pista polideportiva, de 45 x 25 metros, 4 vestiarios de equipos, 4 vestiarios de árbitros, 4 aseos e unha oficina, así como o ximnasio, de 140 metros cadrados. Respecto ao espazo exterior, o concelleiro de deportes sinalou que o polideportivo aberto contará cunha área de xogos tradicionais, outra destinada á práctica de baloncesto e fútbol sala e outra de lecer.
Descargar todas as imaxes