Escoitar

O alcalde salienta o "bo ritmo" do aparcamento de Jenaro de la Fuente, que adianta a súa apertura a maio

Abel Caballero visitou este martes os traballos de construción do aparcamento soterrado de Jenaro de la Fuente, que sumará un total de 466 prazas das que 94 -un 20%- están reservadas para residentes. O investimento nesta infraestrutura ascende a 10,3 millóns de euros e a superficie quedará humanizada en granito, como o resto da rúa. Segundo indicou o alcalde, o aparcamento rematará en maio de 2010, un mes antes do previsto.

martes, 10 nov 2009
1257861142PB100186.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acidiu hoxe martes a visitar as obras de construción do aparcamento de Jenaro de la Fuente, onde anunciou que a "boa marcha" dos traballos permitirán a súa finalización en maio de 2010, un mes antes do previsto.

Segundo datos ofrecidos polo rexedor vigués no transcurso da visita, a futura instalación conleva un investimento de 10,3 millóns de euros e contará con 466 prazas divididas en dous sotos, das que 94 -un 20% do total- están reservadas para residentes. Caballero salientou a "amplitude" das prazas e da rúa central, de 17 metros.

O alcalde recordou que este verano o goberno local aprobou unha modificación no proxecto que permitirá a instalación de granito na superficie do aparcamento, acorde á humanización do resto da rúa, en lugar do terrazo hidráulico programado con anterioridade. O prezo do terrazo era de 15 euros por metro cadrado mentres que a pedra natural ascende aos 65€/m2.

Incendio
Abel Caballero aproveitou a súa visita a Jenaro de la Fuente para informar do "bo resultado" da mediación municipal no arranxo do edificio incendiado nesta rúa o pasado mes de agosto. O alcalde indicou que a reparación da fachadas e dos interiores afetados polo lume está encargado e en trámites cos devanditos seguros.

Por outra banda, o mandatario socialista recordou que entre o 22 de agosto e o 11 de setembro foi preciso o realoxo de veciños en hoteis, custo que asumiu o Concello de Vigo.

Gasolineira
O alcalde vigués afirmou asemade na saída que a gasolineira da rúa Aragón ten a súa concesión agotada, e avanzou que esta quedará pechada por estar localizada nun lugar "impropio e inaxeitado". No seu emprazamento, aseverou Caballero, o Concello humanizará a beirarrúa conetada diretamente co aparcamento e a humanización de Jenaro de la Fuente.
Descargar todas as imaxes