Escoitar

7º aniversario do Marco

O 13 de novembro de 2009, o MARCO cumpre sete anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 13, sábado 14 e domingo 15 de novembro terá lugar a festa do 7º aniversario, cun amplo programa de actividades para públicos de todas as idades. Para esta especial ocasión, o museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual, incluíndo a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 05.00 da madrugada do domingo, e reanudándose dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo.

luns, 9 nov 2009
1257775583MARCO1.JPG
As actividades programadas para esta edición inclúen a presentación da obra NEXUS, de Félix Fernández, Diana Larrea e Andrés Senra, no salón de actos. O venres 13 de novembro, a colaboración co Festival ‘Chámalle X’ traerá ás salas do MARCO unha performance da artista alemá Nezaquet Eciki. Durante a fin de semana, o público poderá desfrutar de actividades como o proxecto DOLL-is de bonecas interactivas, de Alberto Valverde e María Castellanos; obradoiros infantís para familias; xogos de pistas na Biblioteca-Centro de Documentación; un mercadiño de libros na tenda-librería Plaxio... e moi especialmente, un programa nocturno que inclúe poesía, música e danza nas salas de exposición, nunha noite animada por concertos e DJ no MARCO restaurante&café.
Descargar todas as imaxes