Convocatoria para a selección de persoal do programa Util 2009
<br />
A Concellería de Promoción Económica e Emprego, no marco do Plan Municipal de Emprego de
2008-2011, esta a desenvolver o programa UTIL, un programa de integración laboral de persoas en
desemprego con necesidades económicas e sociais, para facer obras públicas de interese municipal.
Ábrese o prazo de solicitudes para a composición das unidades de traballo de obra do ano 2009 dos seguintes postos:
-PEÓNS BENEFICIARIOS
-OFICIAIS TÉCNICOS: Oficiais condutores, Oficial condutor-palista, Oficiais albaneis, Oficiais electricistas, Oficiais fontaneiros, Oficiais forestais-xardineiros.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:
- Impreso de solicitude e de autorizacións debidamente cumprimentados, dispoñible nas oficinas do UTIL no Parque Central de Servizos do Concello de Vigo na rúa A Bagunda nº1, Santa Cristina de Lavadores, segundo modelo oficial, en horario de 9.00 horas a 13.30 h, de luns a venres.
- Fotocopia do DNI/NIE en vigor, ou tarxeta de residencia e traballo dos candidatos a oficial e no
caso dos peóns beneficiarios tamén do resto dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos.
- Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego da persoa candidata a peón.
- Fotocopia de informe de discapacidade ou incapacidade, para o posto de peón, da persoa candidata e/ou das persoas convivintes.
- Fotocopia da denuncia correspondente ou doutro medio que acredite a situación de vítima de
violencia de xénero.
- OFICIAIS: Curriculum Vitae actualizado acreditativo dos méritos
valorables e perfil requerido.
Precisase da presentación de copias dos méritos: cursos, contratos, títulos, carnets profesionais,
carnet de conducir, etc. No caso de ter sido traballador autónomo a acreditación da categoría profesional farase mediante copia da declaración do imposto de actividades económicas, facturas
ou xustificantes de autónomos.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo no prazo de dez días naturais
contados dende o luns 9 de novembro de 2009.
Trala baremación publicarase a relación das persoas candidatas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web, as persoas candidatas a peóns e a oficiais técnicos serán baremadas de acordo as bases de selección de peóns beneficiarios e oficiais técnicos do Programa UTIL, respectivamente.
Quedarán excluidas da selección todas aquelas persoas candidatas que non aporten toda a documentación solicitada ou non cumpran cos requisitos esixidos segundo as bases de selección aprobadas.
Máis información no teléfono 986 263 068 e no 010.