O alcalde recibe o recoñecemento de Anfaco pola relevancia da cidade na industria conserveira
Abel Caballero participou este venres no acto "Sector Conserveiro Galego e Municipios", organizado pola entidade Anfaco-Cecopesca, para resaltar o papel daqueles concellos especialmente vencellados a esta industria e á transformadora de produtos do mar. No evento participaron sobre unha ducia de municipios que visitaron as instalacións e recorreron o Museo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres o recoñecemento da entidade Anfaco-Cecopesca pola relevancia da cidade olívica para a industria conserveira.
Anfaco celebrou hoxe o acto "Sector Conserveiro Galego e Municipios", no que quixo resaltar o papel determinante daqueles concellos -Vigo entre eles- que tradicionalmente acolleron una destacada representación de industrias do sector.
O alcalde salientou o papel deste sector na xeración de emprego na cidade, asegurou o apoio do Concello de Vigo e indicou que "Vigo non sería como hoxe a coñecementos sen a súa industria conserveira".
Abel Caballero, xunto cos distintos alcaldes representantes dunha ducia de municipios recoñecidos, asinou no libro de honra da entidade para posteriormente visitar as instalacións de Anfaco e o seu Museo sobre a industria conserveira.
Descargar todas as imaxes