Escoitar
Participaran 1.150 escolares de 30 centros de ensino, que asistirán o xoves e venres no Auditorio Helios de Bembrive a catro funcións desta obra especialmente pensadas para o seu uso didáctico

Educación programa a obra de teatro en inglés para escolares "Merlin and King Arthur"

O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

martes, 10 nov 2009
1257860426activites.jpg
Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

O programa levará a escea os vindeiros xoves 12 e venres 13 de novembro no Auditorio Helios de Bembrive, catro pases da obra "Merlín and King Arthur", a cargo da compañía The new performers especialmente dirixidas ao alumnado de 5º a 6º de primaria (10-12 anos aprox.). A obra "Merlín and King Arthur" conta cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa

Coa implementación de "Vigo Activities 2009-2010", a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado.

Máis información na páxina web municipal www.vigo.org e na páxina web da compañía teatral www.einadescola.com
Descargar todas as imaxes