Escoitar

O Concello instala en Samil unha pista temporal de patinaxe sobre xeo durante dous meses

venres, 16 nov 2001
imx801.jpg
Príncipe e Pedraza asinan o convenio
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, anunciou que dende o 1 de decembro ata o 31 de xaneiro instalarase una pista temporal de patinaxe sobre xeo en Samil.

Esta iniciativa da Concellería de Cultura débese ó éxito de público que tivo a edición anterior pasando máis de 40.000 persoas polas pista de xeo. Carlos Príncipe subliñou que ”a patinaxe sobre xeo poida constituír unha indubidable atracción para un amplo sector da sociedade viguesa, incluída a comunidade escolar”.

O concelleiro destacou que dende o seu departamento se interesa en ”promover novas fórmulas de ocio para os cidadáns, que permitan desenvolver novas posibilidades lúdicas e actividades relacionadas co tempo libre, dende unha concepción global de ocio e como fonte de benestar e base de novos fenómenos culturais de noso tempo”.

Os prezos para o público en xeral serán de 1.000 pesetas e para escolares de 500 pesetas.
Descargar todas as imaxes