Paul O´Dette: un xenio na interpretación do laúde no Festival Are-More
O Festival Are-More presenta no concerto do domingo, 18 de novembro, un dos máis importantes intérpretes solistas de laúde na actualidade. Paul O’Dette foi aclamado en todo o mundo como un virtuoso na interpretación deste instrumento, e consegue con el notas case imposibles aínda que se trate de pezas difíciles e complicadas. A actuación será na Sala de Concertos “Martín Códax” do Conservatorio de Vigo.
Un diario de Canadá dixo del que “é o xenio máis indiscutible que xamais tocou ese instrumento”, o que dá idea da calidade interpretativa que atesoura este músico.
O’Dette actuou nos principais escenarios do mundo, participando en festivais internacionais do prestixio dos que se organizan en Boston, Los Ángeles, Vancouver, Londres, París, Múnic, Viena, etcétera. Pese a que a súa asistencia a estes festivais foi case sempre como solista, tampouco abandonou a súa carreira como membro de grupos instrumentais, actuando con artistas da calidade de Jordi Savall, Gustav Leonhardt, William Christie, Silvya McNair e outros. É membro do importante grupo instrumental “Traxicomedia”.
A súa actividade musical levouno a gravar máis dun cento de discos, moitos dos cales foron nomeados para o galardón de “Disco do Ano”, que outorga o selo discográfico Gramophone. Obras completas para laúde de John Dowland, Música barroca española para guitarra de Santiago de Murcia, Música veneciana do século XVI para laúde virtuoso, son algúns dos seus discos máis recentes. Durante este ano editáronse as súas versións de “Robin Hood”, “Cittern e Orpharion”, “Simone, Molinario, Fantasie e Balli”. Ademais realizou tamén gravacións de programas para radio e televisión nos principais países europeos.
Paul O’Dette tamén dirixiu, nos últimos anos, a posta en escena de óperas barrocas. En 1997, L’Orfeo: en 1999, Ercole Amanti de Cavalli: na tempada pasada, incluíu nas súas produccións Orfeo de Monteverdi e Thesee de Lully. O próximo ano dirixirá á Tafelmusik Orchestra e á Portland Barroque Orchestra, con programas de música italiana para laúde e mandolina.
Ademais das súas actuacións musicais, O’Dette é un incansable investigador das técnicas e das fontes de música italiana e inglesa para solistas do século XVII. Sobre os seus estudios sobre baixo continuo e laúde está a preparar un libro en colaboración con Patrick O’Brien.
Na actualidade, traballa como director do Early Music na Eastman School of Music, e é director artístico tamén do Boston Early Music Festival.
O concerto de ARE MORE foi titulado por Paul O’Dette como “Música para gozar”.
BIOGRAFÍA
PROGRAMA