A Casa das Artes acollerá unha exposición sobre o legado de Policarpo Sanz
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de restaurar, expoñer e difundir o legado de obras artísticas realizado por Policarpo Sanz á cidade de Vigo.
O custo total do proxecto ascende a máis de trinta millóns de pesetas e no convenio a Concellería de Cultura comprométese a realizar unha exposición temporal do conxunto da obra restaurada que terá lugar na Casa das Artes do 23 de novembro ó 16 de decembro deste ano.
A Concellería de Cultura formulou en 1999 como unha línea de traballo fundamental e prioritaria a recuperación, difusión e exhibición do legado artístico que fixera Policarpo Sanz á cidade de Vigo. O legado está composto por 104 pinturas, dúas esculturas, mobles e obxectos relativos ás artes decorativas e unha trintena de pequenos retratos. As obras da colección chegaron á cidade de Vigo entre 1935 e 1941.
Legado de Policarpo Sanz
Marinense de nacemento, vigués de adopción, posto que á nosa cidade entregou o seu cariño e legou a súa fortuna, Policarpo Sanz e Sete, nome que rotula unha das principais rúas da cidade, emigrante en Cuba e Nova York, faleceu en París en 1889.
Policarpo Sanz legou a finca de Carmen co fin de edificar o primeiro instituto de ensino medio con que contou a cidade. Ó longo da súa vida reuniu unha interesante colección de arte con pintura europea dos séculos XVII e XIX, que constituiu o inicio do Museo Municipal que alberga o pazo Quiñones de León en Castrelos.
Trátase de case un cento de obras, entre elas o seu retrato e o da súa esposa, Irene de Ceballos, pintados por F.E. Bertier. Algunhas paisaxes flamencas de Jan Glauder, Thomas Heeremans e Barend Cornelis Koekkoek, a escena mitolóxica de Adriaen Van Niendland e a de xénero de Carl Frosch.
Descargar todas as imaxes