Escoitar

Carme Martínez-Corbalán asiste ó II Congreso Europeo sobre Planificación Lingüística

mércores, 14 nov 2001
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez-Corbalán, asiste ó segundo Congreso Europeo sobre Planificación Lingüística que se celebra en Andorra desde hoxe e ata o venres, 16 de novembro. Investigadores, axentes sociais, responsables políticos e especialistas no fomento e uso das linguas analizarán experiencias concretas de dinamización.

O segundo Congreso Europeo sobre Planificación Lingüística, organizado pola Generatitat de Catalunya e o Goberno de Andorra, estudiará os instrumentos da planificación lingüística a nivel xeral, legal e sectorial: as contribucións teóricas xerais sobre a planificación lingüística no marco do proceso de mundialización crecente e experiencias concretas de dinamización e extensión do uso social das linguas.

Avaliarán tamén os procesos de normalización lingüística en función da relación entre custe e efectividade das políticas lingüísticas aplicadas. O reto das novas tecnoloxías e a producción de recursos sociolingüísticos serán tamén obxecto de análise.