Acordo para trasladar a piscina do Náutico á estación marítima
Concello, Autoridade Portuaria, Consorcio da Zona Franca e Real Club Náutico chegaron a un acordo para construír a nova piscina do clube no peirao da estación marítima. O consenso acadouse tras unha xuntanza mantida polo alcalde, Lois Castrillo, cos representantes das outras partes implicadas: Julio Pedrosa, Pablo Egerique e Manuel Frade.
Lois Castrillo explicou que a opción de ubicar a piscina na estación marítima permitirá acometer antes a obra e ademais mellorará a visión do mar ao liberarse máis espacio fronte a dársena da Laxe tralo derrubo da piscina actual.
O Consorcio da Zona Franca encargou xa o proxecto da nova piscina. O Concello comprometeuse a tramitar con rapidez as correspondentes licencias en canto reciba o proxecto. Se non xorden dificultades, o Real Club Náutico podería contar coa súa nova instalación no decurso de 2003.
Trala xuntanza do alcalde cos responsables da Autoridade Portuaria e da Zona Franca manifestouse tamén que a finais deste ano se poderá inaugurar o novo aparcamento e a praza do Berbés e tamén se procederá ao derrubo do vello edificio da estación de ría.
Descargar todas as imaxes