As obras da Universidade Popular comezaron en outubro e rematarán a finais de ano
O pasado mes de outubro comezaron as obras recomendadas nos informes técnicos encargados polo Concello para reparar as deficiencias detectadas no edificio da Universidade Popular que motivaron o seu desaloxo en 1999. Os traballos consisten no reforzo do forxado da cruxía adxacente á rúa Rosalía de Castro e na consolidación da escaleira de madeira do edificio anexo. Asemade estanse a reparar as fendas existentes en diversos dinteis. Esas eran as operacións recomedadas nos informes técnicos para que o edificio de García Barbón puidese de novo albergar as clases da Universidade Popular.
A concelleira de Educación, Ana Gandón, informou da execución destes traballos na última reunión da Xunta Rectora da UP, celebrada no mes de setembro. Nesa mesma xuntanza comentou que as obras poderían estar rematadas a finais de ano, o que permitiría que as clases se volvesen a impartir no edificio de García Barbón. Ana Gandón negou tamén que exista risco de desprendementos na fachada do inmoble, polo que cualificou de alarmistas e carentes de fundamento as afirmacións nese sentido.