Escoitar

A concelleira de Patrimonio Histórico visita a Aula Etnográfica do Mar

venres, 9 nov 2001
imx764.jpg
Carme Martínez-Corbalán
A concelleira de Patrimonio Histórico visitou a Aula Etnográfica do Mar, situada en Saiáns, con motivo do inicio do curso. Carme Martínez-Corbalán explicou que esta aula recibe grupos de tódolos niveis educativos que participan en programas didácticos específicos da cultura do mar.

A Aula Etnográfica do Mar, dependente da Concellería de Patrimonio Histórico, é un proxecto pioneiro en Galicia que oferta exposicións, publicacións e asesoramento didáctico sobre o patrimonio mariñeiro.

Os contidos dos espacios expositivos están distribuídos nunha sala do mar, concibido como medio natural: outra destinada ós oficios tradicionais, como carpinteiros, teceláns e veleiros: ó espiritual, maxia e ritos contra naufraxios e, finalmente, a construcción naval tradicional contando a historia e evolución das embarcacións. Maquetas, fotografías, acuarios, artes de pesca e marisqueo conxúganse con xogos participativos para tódalas idades nunha sala de exposicións temporais sobre aspectos concretos das relacións entre o ser humano e o mar.

As metodoloxías didácticas e divulgativas infórmanse nos principios da educación ambiental, entendéndoa como aprendizaxe do contorno físico e natural e como ensinanza da identificación da cultura tradicional.

Os interesados poden concertar visitas no teléfono 986 46 08 12.

Descargar todas as imaxes